Loading Events

« All Events

  • This event has passed.

V Birraseto Fest do 22 ao 31 de Marzo de 2024

Marzo 22 - Marzo 31

 

O festival de cervexa artesá e food trucks Birraseto xa pon data ao seu regreso a Vigo

 

A cidade olívica acolle, curiosamente tras a celebración de San Patricio, o “Birraseto Fest”

A celebración terá lugar do 22 ao 31 de marzo na chaira do Náutico e onde os asistentes poderán amenizar tomandose unha boa birra xunto á proposta das “food trucks” e unha programación onde haberá catas, concertos de bandas en directo, xogos e talleres dirixidos para o público familiar.

Birraseto Fest celebrará a súa quinta edición en Vigo. Será un lustro xa de festas coa cervexa artesá como protagonista desde que esta cita arrincou en 2018 en Praza do Rei. Agora, a cita máis cervexeira na urbe galega parece que se afianza na súa nova localización, unha chaira do Náutico onde, ademais da programación do festival pertencente a “O Roteiro do Lúpulo”, tamén se pode gozar da popular cervexa nun emprazamento único, con espectacularidade da ría de Vigo a só un paso.

A feira de cervexa artesá Birraseto Fest coincidirá practicamente de cheo coas vacacións escolares de Semana Santa. O evento arrincará o 22 de marzo e prolongarase ata o 31 de marzo e contará cun horario de 12:00 a 00:00, pretendendo ser unha opción máis para aqueles vigueses e visitantes que elixan comer, cear ou simplemente tomarse unha boa cervexa nunha zona da cidade olívica situada xunto ao mar.

Algunhas das marcas de cervexa artesá que se poderán degustar nesta quinta edición do Birraseto son Cervexa Nós, Cervexas Banda, Cervexa AleAlé, Cervexa Afouteza, Cervexas Madroa, Bubela Artesá, Atlántica Beer, Tenta Brewing ou One Beer. Actualmente, descoñécese a programación de concertos ou actividades, así como a oferta total de “food trucks” que estarán estacionadas durante dez xornadas na chaira do Náutico.

 

Details

Start:
Marzo 22
End:
Marzo 31

Venue

Náutico Vigo
Scroll ao inicio