Cargando eventos

« Todos os eventos

  • Este evento pasou.

Día de Defuntos. Gondomar

1 Novembro· 19:00 - 23:30

A literatura de Castelao volverá a ser protagonista da celebración do Samaín e do Día de Defuntos en Gondomar. A Asociación Cultural Centáurea levará a escena «Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete» mediante unha lectura dramatizada o domingo 1 de novembro, ás 19:00 horas, na Praza das Escolas Vellas.

A actividade forma parte da iniciativa impulsada pola Federación de Asociacións Culturais Galiza Cultura, da que forma parte Centáurea, que recupera un ano máis este texto do escritor e artista galego para reivindicar as tradicións propias e achegar a literatura á cidadanía.

Publicado en 1922 pola editorial Céltiga, «Un ollo de vidro. Memorias dun esquelete» é un relato no que Castelao combina a reflexión social e política cunha mirada crítica sobre as inxustizas, as relacións de clase e as desigualdades económicas.

Tamén haberá chocolate para as persoas asistentes. En caso de choiva, a organización disporá dun espacio alternativo para manter a actividade.

 

 

Detalles