- Este evento pasou.
Dalle a volta á Biblioteca. Soutomaior
30 Outubro· 18:00 - 23:30

Dalle a Volta á Biblioteca é un programa de actividades culturais para todos os públicos que promove o fomento da lectura. Dito programa levarase a cabo na Biblioteca de Municipal do concello de Soutomaior, durante o mes de outubro.
A programación para o venres 30 de outubro é a seguinte:
A hora do conto especial día das Bibliotecas.
-Público de 4 a 12 anos.
-Hora: 18:00h.
-Lugar: Biblioteca Municipal Luís Seoane (Arcade).
-Entrada de balde.