3ª Romaría a San Antonio de Ventín
Xuño 14
O sábado 14 de xuño, celebrarase no lugar da Carballeira da Moa a 3ª Romaría a San Antonio de Ventín, unha xornada de convivencia veciñal marcada pola tradición, a música e o espírito comunitario.
Os actos comezarán ás 11:30 h coa saída en romaría dende a igrexa de Ventín, acompañando a figura de San Antonio ao son da gaita. Ás 12:30 h. terá lugar a Santa Misa na carballeira, seguida dunha comida campestre ás 14:00 h., na que cada familia participante deberá levar as súas propias viandas.
A tarde continuará cun programa de lecer que incluirá:
Baile tradicional amenizado polo grupo de gaitas da Asociación Cultural Polavila
Música e karaoke en vivo
Partidas populares de malla e brisca