Loading Events

« All Events

Festa da Coca

Maio 29 - Xuño 2

O municipio de Redondela posúe a súa propia lenda co motivo do dragón: a lenda da Coca de Redondela. Dacordo con esta lenda, a Coca vivira unha vez na Ría de Vigo, mergullada nas augas inmediatas á Illa de San Simón. Era o seu costume aproximarse de tempo en tempo á localidade de Redondela, sembrando destrucción ao seu paso, co fin de raptar ás virxes da vila para levalas consigo ao seu cubil. Mais os xoves mariñeiros de Redondela someteron ao dragón e liberaron á vila do sinistro tributo ao que estaba sometida.

Este suceso é motivo de celebración ata os nosos días, da que forma parte distintos elementos, entre os que figuran a Danza das Espadas, que conmemora a victoria dos xoves mariñeiros sobre a Coca e na que participan as chamadas penlas, nenas vestidas de branco que representan ás virxes, levadas polas burras, mulleres, que desempeñan o papel das nais, a procesión da Virxe de A Gabacha, as alfombras florais e a escenificación da morte da Coca. A festa prolóngase desde a noite anterior ao Xoves de Corpus ata o domingo.

Primeiro ten lugar a escenificación da morte da Coca, e, como festexo, segue a Danza das Espadas, na que participan arredor de vinte homes: o mestre, catro abaelas ou rabelos, catro guías ou primeiros, e unha docena de danzantes ou espadas, acompañados polas penlas. O conxunto coreográfico baila ao son da gaita e o tamboril. Nos desfiles participan outros seres que poboan as lendas e os relatos fantásticos, ou sacados deles, como xigantes e cabezudos.

Fonte: https://turismoriasbaixas.com

Details

Start:
Maio 29
End:
Xuño 2
Event Category:
Event Tags:

Venue

Redondela
Scroll ao inicio