Loading Events

« All Events

Eureka: Reto Rural

Xuño 8 - Setembro 20

Eureka: Reto Rural é unha iniciativa que ten por obxecto favorecer o turismo e o lecer ao aire libre en distintos municipios rurais da provincia de Pontevedra. Dos catorce municipios participantes, neste artigo se referirá a información respectiva aos seis municipios da Mancomunidade pertencentes ao grupo Eu Rural que tomarán parte na actividade, sendo estes: Mos, Gondomar, Fornelos de Montes, Pazos de Borbén, Soutomaior e Redondela.

Consistirá en catorce escape rooms, temáticos e dixitais nos que os participantes deberán explorar os territorios dos municipios para avanzar no xogo. A participación será de balde.

Para crecer en familiaridade cos concellos do Xeodestino, Estes escape rooms ofrecerán desafíos lóxicos e adiviñas que teñen que ver coa cultura e a historia local, incluíndo sucesos e personaxes históricos, así como elementos naturais propios do municipio. Os participantes poderán avanzar no xogo a través de códigos QR e xeolocalización para a resolución das distintas probas, garantindo unha experiencia inmersiva co fin de fomentar o coñecemento do respectivo municipio.

Os xogos virtuais estarán pensados para todas as idades e contarán cun premio para o grupo (de ata seis persoas) que consigan completar a proba cun mellor tempo. Ademais, entre todas as persoas participantes, cada municipio sorteará un lote de produtos locais valorado en 150 €.

Todo aquel que desexe participar deberá realizar a inscripción na páxina web (https://riadevigobaixomino.gal/eureka/) e presentarse no punto de encontro da actividade para a formación dos equipos. Os menores de 12 anos deberán ir acompañados dun adulto. Cada xogo abrirase na data de celebración do evento e permanecerá aberto e accesible para o público durante un período de un mes.

Velaquí as datas de apertura e temas da actividade segundo o municipio:

  • Mos, 8 de xuño: “A Festa da Rosa”
  • Gondomar, 6 de xullo: “El Conde en el Camino”
  • Fornelos de Montes, 14 de xullo: “Fiesta gastronómica de la carne del Suído y de la Chanfaina”
  • Pazos de Borbén, 27 de xullo: “La emigración: Las casas indianas”
  • Soutomaior, 14 de agosto: “María Vinyals”
  • Redondela, 20 de setembro: “La historia de nuestra villa”

Fonte: https://www.farodevigo.es/bisbarras/2024/05/04/eureka-14-aventuras-ao-ar-101909928.html.

 

Scroll ao inicio