BEGIN:VCALENDAR
VERSION:2.0
PRODID:-//Terras Atl&aacute;nticas - ECPv6.18.0//NONSGML v1.0//EN
CALSCALE:GREGORIAN
METHOD:PUBLISH
X-WR-CALNAME:Terras Atl&aacute;nticas
X-ORIGINAL-URL:https://www.terrasatlanticas.es
X-WR-CALDESC:Eventos de Terras Atl&aacute;nticas
REFRESH-INTERVAL;VALUE=DURATION:PT1H
X-Robots-Tag:noindex
X-PUBLISHED-TTL:PT1H
BEGIN:VTIMEZONE
TZID:Europe/Madrid
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20230326T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20231029T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20240331T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20241027T010000
END:STANDARD
BEGIN:DAYLIGHT
TZOFFSETFROM:+0100
TZOFFSETTO:+0200
TZNAME:CEST
DTSTART:20250330T010000
END:DAYLIGHT
BEGIN:STANDARD
TZOFFSETFROM:+0200
TZOFFSETTO:+0100
TZNAME:CET
DTSTART:20251026T010000
END:STANDARD
END:VTIMEZONE
BEGIN:VEVENT
DTSTART;VALUE=DATE:20240513
DTEND;VALUE=DATE:20240520
DTSTAMP:20240724T130834Z
CREATED:20240305T080529Z
LAST-MODIFIED:20240724T130834Z
UID:3790-1715558400-1716163199@www.terrasatlanticas.es
SUMMARY:XXV Festival Internacional de Títeres de Redondela\, do 13 ao 19 de Maio.
DESCRIPTION:O XXV Festival Internacional de Títeres de Redondela. Celebrarase do 13 ao 19 de maio. \n  \nHistoria \nA finais dos anos 90 Juanjo Amoedo como presidente da Asociación Veciñal de Redondela\, iniciou os trámites necesarios para celebrar o primeiro Festival Internacional de Títeres de Redondela pero un lamentable accidente truncou os seus desexos. \nTras o seu falecemento\, diferentes colectivos da vila uníronse e fundaron a Asociación Xente Titiriteira co único obxectivo de celebrar un Festival de Títeres en memoria do seu veciño e amigo Juanjo Amoedo. \nNo ano 2000 celébrase a primeira edición do Festival e se pechamos os ollos índa podemos ver esas primeiras edicións levadas a cabo con mimo\, dignificando un oficio e implantando o Festival como un referente. \nDende entón xa pasaron 25 anos.   \n  \nTrátase do Festival máis importante de Galicia no seu xénero e nun dos mellores considerados do país\, que ademais chega ao seu aniversario de prata consolidado e recoñecido. \nEsta celebración xa vén arroupada por un público interxeneracional onde os nenos que asistiron ás primeiras edicións levan agora aos seus fillos\, nese ciclo vital que transcorre nun cuarto de século. Unha festa da diversidade que encherá de novo Redondela de marionetas de fíos\, monicreques tradicionais\, vangardas creativas\, espectáculos itinerantes\, instalacións\, animación de rúa e un feixe de sorpresas. \nO “Caracol” é a nova personaxe do 2024 que vén ilustrar esta XXV edición\, creación de Pablo Pastor\, que leva 25 anos dándolle ao Festival esa personalidade única. \nPodemos confirmar xa a presenza de espectáculos e compañías chegadas das máis diversas procedenzas: Italia\, Arxentina\, Holanda\, México\, Francia\, Portugal\, Alemaña\, Valencia\, Castilla y León\, Cantabria\, Andalucía\, Aragón ou Galicia. \n\nThéatre Jaleo (Francia )\nDi Filippo Marionette (Italia)\nTangram Kollektiv (Alemania)\nLejo (Paises Bajos)\nSergio Mercurio (Arxentina)\nLa Chana Teatro (Castela- León)\nMarionetas Rui Sousa (Portugal)\nGrupo Saltimbanqui (México)\nCivi-Civiac (Aragón)\nMutis Teatro (Castela – León)\nEl Espejo Negro (Andalucía)\nLa Fam Teatre (Valencia)\nMG Producciones (Cantabria)\nPoporrubio (Galicia)\nTanxarina Títeres (Galicia)\nTeatro Ó Cubo e CDG (Galicia)\nTrécola Producións (Galicia)\nViravolta Títeres (Galicia)\nTroula (Galicia)\nTíteres Alakrán (Galicia)\nMircromina Teatro (Galicia)\nXirapaus (Galicia)\nCé orquestra pantasma (Galicia)\nPulpiño Viascón (Galicia)\nThe Turre´s Band (Galicia)\nKedirán (Galicia)\nCantaTorrella (Galicia)\n\nAdemáis haberá tamén unha programación especial: \n\nRuada “A brincadeira das mouras”\nExposicións Títeres Alakrán\nExposición “Historia dun cartel”\nTeatriños Conmemorativos\n“Obxectivo Títeres” Fotografías dun Festival\nMercadiño Titiriteiro-2024 (17\, 18 e 19 de maio)\nTíteres pola gorra\n\nO Festival Internacional de Títeres de Redondela. Memorial Juanjo Amoedo é o reflexo do esforzo colectivo dun pobo por difundir e gozar do Teatro de Títeres. \n  \nFonte: https://www.fitredondela.com/ \n  \n \nMáis información sobre os titiriteiros asistentes ao festival : \nhttps://www.fitredondela.com/wp-content/uploads/2024/05/libreto-2024.pdf
URL:https://www.terrasatlanticas.es/evento/xxv-festival-internacional-de-titeres-de-redondela-do-13-ao-19-de-maio/
LOCATION:Redondela
CATEGORIES:Actividades en Redondela,Feiras e Congresos en Redondela,Festividades en Redondela
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.terrasatlanticas.es/wp-content/uploads/2024/03/programa-texto-1024x6145-1-scaled.webp
END:VEVENT
BEGIN:VEVENT
DTSTART;TZID=Europe/Madrid:20240515T121352
DTEND;TZID=Europe/Madrid:20240515T121352
DTSTAMP:20240515T121352Z
CREATED:20240214T140333Z
LAST-MODIFIED:20240515T121352Z
UID:3220-1715775232-1715775232@www.terrasatlanticas.es
SUMMARY:Festa da Ostra (Arcade)
DESCRIPTION:A festa da ostra…\n… ou\, como tamén gustan de chamala os seus apaixonados\, trufa de mar\, é unha homenaxe á que é considerada a “perla do marisco”\, historicamente consumida e apreciada como exquisitez na ría de Vigo. \nO extremo oriental da ría de Vigo é o lugar máis idóneo para o cultivo da ostra. Arcade\, parroquia do municipio de Soutomaior\, celebra unha festa gastronómica na súa honra a primeira fin de semana de abril de cada ano\, atraendo a un elevado número de visitantes\, que acoden á citada parroquia para consumir o manxar obxecto da celebración. Todo un acontecemento do abundante calendario gastronómico de Galicia. \nAs formas tradicionais de servir e consumir este delicioso bivalvo\, sempre acompañado de viños brancos galegos (especialmente de denominación Rías Baixas) son: \n\nao natural (cunhas pingas de limón)\nen escabeche\ne en empanada.\n\nA música\, así como outras actividades culturais\, son o complemento perfecto do programa\, renovado e replantexado anualmente\, do multitudinario evento. \nEn canto ás propiedades deste prato mariño: \nTrátase dun produto xeralmente zumarento e de sabor suave\, con alto valor nutritivo debido á súa riqueza en sales minerais e vitaminas. Dise tamén que produce efectos afrodisíacos\, aínda que isto xa pertence ao reino da superstición ou\, se se quere\, da sabedoría popular. \nA ostra servida na festa de Arcade é a especie Ostrea edulis; esta variedade non é exclusiva da zona\, aínda que si é verdade que a desembocadura do río Verdugo e a súa área próxima presentan as condicións ideais para a cría deste molusco\, ao entrar en confluencia as augas doces procedentes do río coas salgadas da ría. \nHistoria\nA cría e o consumo da ostra ten séculos de antigüidade. Existe coñecemento de que as culturas castrexas colleitaban xa este bivalvo\, e o seu cultivo remóntase ao período romano. As dinastías dos Austrias e os Borbóns apreciaban a calidade deste egrexio activo gastronómico\, que se transportaba á Corte do Reino en escabeche dentro de pequenos barrís de madeira. No século XIX\, pasouse á comercialización deste produto en Europa. \nO consumo da ostra erixiuse en festa en 1987 por iniciativa do sector marisqueiro de Arcade dedicado á ostricultura\, pioneiro no súa mercantilización e exportación. Abril é o mellor mes para a degustación\, por iso se elixe este mes para a celebración desta festa. A súa talla comercial\, de entre 6 e 7 centímetros\, conséguese en menos de 24 meses. \nConclusión: a ostra representa un prato típico da gastronomía galega e ten a Arcade como capital indiscutible.
URL:https://www.terrasatlanticas.es/evento/fiesta-de-la-ostra-arcade/
LOCATION:Soutomaior
CATEGORIES:Actividades en Soutomaior
ATTACH;FMTTYPE=image/jpeg:https://www.terrasatlanticas.es/wp-content/uploads/2024/02/arcade_ostras.JPG.jpg
END:VEVENT
END:VCALENDAR